Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 21 de setembro de 2016

MORCEGO


         
                       Resultado de imagen de rompetechos

A espresión
              ser un morcego,

 aplicada a personas, significa: ter mui pouca vista, ser cegarato.



         




3 comentarios:

  1. Chocóume esta espresión. Nun sei se é qu'os falantes ven intuitivamente en "morcego" ese adxetivo "cego", ou é que saben qu'ese mamífero qu'engala nun ve tres nun burro. Así y todo, a etimoloxía da palabra é clara: "mur cego" ('rato cego'). En asturiano einda s'usa a palabra "mur" pra referirse al rato. Pral mocego úsase "esperteyu". Recordóume outra comparanza en asturiano: "feu como un esperteyu". En Santuyano (Mieres) usan a comparanza sin saber qué significa a palabra, como pasa con outras comparanzas con animales, qu'os falantes acaban nun sabendo qué animal é, pro siguen usando a frase. Tamén en Santuyano dicen "paez una xaronca" (tamén por feo, pro nun saben qu'é úa ra), "ta como un llondru" (por lucido, pro nun saben qu'é úa lóndriga) ou "dar la parpayuela" (por falar muito, pro nun saben qu'é un parpayal).

    Nun sei se será romántico por demáis, pro ta ben tentar de seguir "salvando" estas palabras. Gracias pol esforzo y pol agayo. ;-)

    Mantarego.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tou pensando eu n'esa espresión asturiana da que me falas: "dar la parpayuela". En Tapia tamén se dicía "darye á parpayuela" (equivalente al casteyano "darle a la lengua" o a "la sinhueso). Téñolo rexistrao, peró nunca me decidín a poñelo por ese diptongo "ue", en principio ayén á nosa lingua. ¿Será un asturianismo? ¿Qué outra esplicación ye topas? ¿Poderei meter a espresión na nosa Salvadeira? Mía bola dicíala sempre y tamén outras vecías de Tapia d'aquela época.

      Eliminar
    2. Chócacheme ben, porque ta claro qu'é un asturianismo. El caso é que miréi Acevedo y Fernández y Acevedo recoye "parpayuela" como propio de Cuaña col significao de 'cháchara'.

      Eliminar