Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 22 de xaneiro de 2017

PORVIR




s.m. Situación económica futura d'unha persona.

Ex.: Déixalo, nía, el sou porvir nun vai tar nas vacas. // ¿Qué porvir van ter se nun estudian nada? // Eso nun ye vai valir pa nada; el porvir ta nos ordenadores y esas cousas.



3 comentarios:

  1. Esta palabra dame que pensar porque son formas derivadas que muitas veces son porta d'entrada de casteyanismos, quizabes por seren palabras chegadas hai pouco (en comparanza con outras patrimoniales) á historia da nosa lingua. Habería que saber d'ela.
    Dígolo porque outros derivaos de "vir" (ben sei que cultismos) avezan a usarse en casteyano ("convenir", "prevenir"...).
    Outro tanto pasa cos derivaos d'outros verbos patrimoniales. Por exemplo, "ter". Acevedo y Fernández recoyen "entreter", anque eu, máis novo qu'estos venerables lexicógrafos (;-), sempre ouguín "entretener" y "entretenido" (quizabes tamén porque a forma normal en galego-asturiano pra esta idea é "invirtirse" y "invirtido").

    Mantarego

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Podes ter razón, peró, si che sirve d'algo, dígoche que mía madre sempre dixo "entreter" y "entretido". Tamén "porvir" y, anque nun conozo a época da entrada esacta d'esta palabra na nosa lingua, nun me parece que seña chegada hai pouco. Peró eso nun lo podemos saber sin testimonios escritos. Dígoche que, alomenos, nos anos corenta xa se dicía, peró eso nun proba nada, porque é ayer mesmo. (Seilo por una anécdota d'unha persona d'entoncias, unde se dicía esa palabra).

      Eliminar
  2. Pois tán mui ben esos datos que das. Xa sabes qu'ás veces a esperiencia lingüística d'ún, por limitada, pode darche úa visión deformada da realidá (como me pasaba neste caso).

    ResponderEliminar