Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 5 de novembro de 2017

BRANCAL


Resultado de imagen de hombre  vestido de blanco

adx. De color branca.

Ex.:  -Ei nos vén Manolo todo brancal cua camisa dos domingos. Á Manolo, pos nun teis más calzóis qu'esos, ho? 


[NOTA: En galego, ese adxetivo úsase pra referirse ás queirotas, pra estremar as que tein flores brancas das qu'as tein moradas. En asturiano úsase el adxetivo blancal pra referirse ás castañas con arizo branco y pouco pincho. En galego-asturiano, chámase herba brancal á especie herbácea Holcus Lanatus, como recoye Xosé Miguel Suárez nel sou blog Herbas y florías. En todos os casos, brancal úsase pra referirse a algo de color branca ou abrancazada. Peró el uso que recoyín eu en Salave ten un valor máis xeneral, pos indica que non solo se limita ás especies vexetales senón que se pode aplicar a cualquer cousa de color branca].

2 comentarios:

  1. Tamén en galego-asturiano se dá ese uso del adxetivo "brancal" pra referirse a Erica arborea (chamámoye "uz brancal"). El qu'é ben interesante é ese exemplo que recoyes, porque ilustra un uso recto del adxetivo que ten ser mui veyo (antias de que quedara acantuao nel nome de dalgúas especies vexetales).
    Chocóume el exemplo, porque pinta mui específico ese uso del adxetivo pra xente que chama el atención polo branca que vai vestida. Dígolo porque tamén en Mieres sentín un adxetivo específico pra esa situación formao a partir de "blanc-": "reblanquieru": "¡Vaya reblanquieru que vas con esa camisa!".

    Mantarego

    ResponderEliminar