v. prnl. Perderse [un alimento], podrecer, estragarse, entrar en estado de descomposición pola acción dos microorganismos.
Ex.: Nun poñas a fruta ei embaxo, que se vai avesar axina. Hai muita humedanza. // Tirén os plátanos que taban avesaos. É miyor nun compralos tan maduros. //Sécalo ben al chegar a casa, nun se che vaya avesar.
NOTA ETIMOLÓXICA: Del latín ad - vitiari : 'corromperse', 'perderse', que tamén deu el verbo avezar ('adquirir un hábito ou costume'). É curioso el resultado da sibilante -s-, unde debería haber un sonido interdental (representado pola letra z). Quizais se produciu un cruce con adversor/adversatus ('poñerse del rovés' ou 'á escontra') y el resultado con s obedece a unha diferenciación de significados: avezar/avesar; avezado (=acostumado) / avesado (=estropiado, estragado).
Ningún comentario:
Publicar un comentario