Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 2 de novembro de 2016

TAOLLA








s.f. Paso erguido nel aire que dá entrada a os horros.



[Palabra recoyida en Teixeira (Grandas) y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].



mércores, 21 de setembro de 2016

D'A PERRÓN

A espresión

         cousas d'a perrón

ta referida a ditos ou feitos propios dun cimprón ou persona sinsustancia. É equivalente a 'fatadas' ou 'cimpradas'. Utilízase normalmente acompañada del verbo ter.

           Ex.: -Mira que perguntarye eso á profesora...
                 -¿Y qué ye ques? Sempre ten cousas d'a perrón.



COCHO DE MAL ANO

                 

             

A espresión

         ser un cocho de mal ano

aplícase a personas que tan mui dalgadas, anque comen abondo; querse dicir, a personas que nun engordan con facilidá.

Ex.:   -Esta túa neta nun engordóu nada nel verao.
         - Pos cómeche lamar; pero nun lo luce: é un cochín de mal ano.


MORCEGO


         
                       Resultado de imagen de rompetechos

A espresión
              ser un morcego,

 aplicada a personas, significa: ter mui pouca vista, ser cegarato.



         




martes, 5 de xullo de 2016

MARIAXAR

              


v. intr. Contar [os marineiros] aventuras ou casos sucedidos nel mar.



xoves, 2 de xuño de 2016

LEVAR


                      

El verbo levar aparez, alomenos, en dúas frases feitas que nun tán recoyidas nos vocabularios publicaos:

1. levar amistá: ser amigos dende tempo atrás. Ex.: Condo vivíamos alí, éramos vecíos y levábamos muita amistá con toda a familia; hasta dous fiyos dos veyos foron de padríos dos nenos da mía cuñada.

2. levar a cesta: levar unha pareya de mozos a unha persona d'acompañante (normalmente, unha irmá pequena da moza) pra evitar que teñan solos sin naide que los teña velando.  Expresión afín.: ir de carabina.


[Foto tomada del blog losmundosdejaimito.blogspot.com]

martes, 3 de maio de 2016

METERSE EN AUGUA

                    

El espresión

                  meterse en augua

utilízase condo se prevé que vai chover sin parar el resto del día; condo, inesperadamente, a cara del día cambía a pior y pinta que nun vai volver escampar.

Ex: Cua mañá tan guapa que tuvo..., ¡mira cómo se meteu a tarde en augua! // Xa che dixen que recoyeras a roupa, que se taban poñendo unhas caras feísimas y que s'iba meter en augua.

PASMAR

                    


v.intr.  Aveyentarse [unha tela] de xeito que s'esgaza al tocala.  [Úsase sobre todo el participio con valor adxetivo: pasma(d)o, -a].

Exs.: Teis qu'usar máis el mantel de filo, que lo teis guardado todo el tempo y váiseche pasmar. // As cortinas da cocía tán pasmadas y rompen todas; vou ter que fer outras pral día del Carmen.

mércores, 6 de abril de 2016

BAROLO

                     

s.m. Capa averdosada  ou abrancazada, ás veces con peluxo, que cría a materia orgánica con humedanza y fai que vaya apodrecendo. Sin: mofo, magor.

MANOUGO

                   

s.m. Montón d'herba ou de verduras que coye na mao. Sin.: mañuzo.