Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

luns, 12 de agosto de 2013

COCEDOIRO

s.m. Fervedoiro, persona inquieta, que nun ten parada.


BARAXA

A palabra baraxa úsase na espresión:

       ser el última carta da baraxa

que quer dicir: ser despreciable [unha persona], tar mal considerada na vecindá.

   Ex.: ¿Cómo ye deixades cortexar con un de [...]? ¡Si son el última carta da baraxa!



ANADA

 El sustantivo anada úsase neste ditame:


             El que quira vivir as cen anadas, tome leite cuayao ás cazoladas.


AFEITAR




v. tr.  Amañar as redes.


[Foto cedida por María Jesús Méndez Rodríguez, por acio del sito web facebook "Nel banco da rula"].

 

LARÁN


s.m. xareu, baruyo.


          Ex.: Teño un larán na casa con tanta xente que me veu prá voda...




PENDÍN

 
  Úsase na espresión


                 tocar el pendín


que significa: folgazaniar, fer el lacazán, mangar el cazo.




AGRACIA(D)O, -A

adx.  [Pelo] ondulao, que nun é nin liso nin rizao.



ATACA(D)O, -A


adx. Mui chen.

   Ex.: Nun coyen máis patacas nel caxón, ta atacao. // El roupeiro ta atacao de caroncho.




PEGAÑOSO, -A


adx. Pegaxoso, que pega con facilidá.



martes, 6 de agosto de 2013

DESAPARECER

El verbo desaparecer ten tamén un sentido causativo:

v.tr.  Ocultar, fer qu'unha cousa nun seña visible [pra unha persona].


        Ex.: ¡Ai, qué demontre de neno! Xa me desapareceu os lentes...