Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

venres, 20 de setembro de 2013

arre, xo

As interxecióis arre y xo parecen na espresión:

                      nin arre nin xo

que significa 'nin unha cousa nin el outra". Úsase especialmente pra falar das personas indecisas que nun acaban de tomar nin unha determinación nin a contraria.




5 comentarios:

  1. Da frase feita pódese sacar en conclusión qu'en Tapia usóuse ou úsase a interxección "xo" pra mandar parar al burro.

    Eu nun conocía outra forma máis que "so". "Xo" conocíala (y asina lo recoyen os vocabularios de Mántaras y A Roda) pra tornar pitas ou páxaros. Precisamente, nel vocabulario d'Acevedo y Fernández, con datos sobre todo da marina eonaviega, a "xo" danye ese significao d'espantar pitas y dicen qu'en galego y portugués úsase pra mandar parar ás cabaleirías. A realidá é máis arrevesada qu'el que dicen elos, porque en galego "xo" ten os dous significaos y en asturiano danse as dúas formas, con "x" y con "s", tamén pras dúas acepcióis. Se se miran os datos léxicos galegos, pinta qu'el uso de "xo" pra tornar páxaros é máis ben oriental (el que concuaya col qu'eu conocía de Tapia), peró esto nun quer dicir miga, porque en asturiano occidental volve a haber "xo" pra parar al burro.

    Total, qu'el dato da Salvadeira vén a poñer outro pasín máis nese continuum galego-asturiano (a pesar de que mía madre mantarega xura y perxura que nunca ougüíu tal "xo", qu'a os burros sempre se yes dixo "soooo"... "E qu'os de Tapia tían algúa palabra rara..."). ;-).

    (Col que ta pasando nel mundo y nosoutros falando d'estas carayadías...)

    Un saludo.
    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Túa madre ten razón. A mía tamén tamén asegura que a os burros sempre se yes dixo "sooo". Nun é cousa de Tapia ou Mántaras. En Tapia tamén se diz "soooo" pra parar el burro y "xo" namáis pra estornar os páxaros. Eu xa reparara nesa aparente contradicción: por qué a xente diz tamén "nin arre nin xo". Penso que, como pasa en muitos casos, as frases feitas conservan palabras que desapareceron del uso común, peró que ta claro que antias s'usaban. Por eso a min encántame a fraseoloxía: nun solo porque diz muito del pensamento da xente, da súa forma de ser y de ver el mundo, senón tamén, dende un punto de vista estrictamente filolóxico, porque dan unha información léxica y hasta gramatical que d'outro xeito nun poderíamos ter.
    Como tu dices, se unimos esta frase feita a os datos que tu dás sobre el galego oriental y el asturiano occidental, ta claro que tuvo que dicirse "xo" en épocas antigas.
    Teis razón: "coa que ta cayendo" y nosoutros con estas caxigalías. Peró, qué sería a vida se nun fose polas carayadías ... Gracias, Mantarego, por aportar sempre tanta información de berencia. Ah, y pregúntaye a túa madre, se podes, pol "cantador".

    ResponderEliminar
  3. Del cantador "nunca tal ouguíu". Perguntéi a máis xente, y tampouco. É úa pena, porque a palabra é ben rara y por máis voltas que ye dou nun atopo úa esplicación a d'únde poda vir. Tampouco ta nos diccionarios galegos nin asturianos nin portugueses...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa, eu xa mirara nos diccionarios galegos y portugueses y nun topara nada. Peró en Internet vexo que é tamén palabra leonesa. Nun "Palabreru lleonés" que topén en Internet ta definida así:

      Cantador (De cantar): Tendón, ternilla.

      Y aparece como recoyida del "Vocabulario tejerinense" de Fidel Villaroel.

      Tamén la vin usada noutras páxinas y parece que nun se ye chama a un tendón concreto senón a cualquera, al nervio que topas na carne. Mira, por exemplo, esta frase sacada dun artículo periodístico:

      "...los tendones de la carne asada, esa goma tiesa que la cocina cazurra llama cantador y que puede estar dando vueltas entre dientes desde la comida a la cena".
      Xusto como lo define mía madre : )

      Eliminar
  4. Ta claro qu'a busca que fixen en Google nun foi abondo detallada. Canséi axina. Nun salían máis que cousas de Contador y el clembuterol... ;-)
    El que chama el atención é esa conesión norte-sur. Sería interesante saber se hai máis puntos intermedios d'ese recorrido xeográfico unde s'use esa palabra.

    ResponderEliminar