Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

luns, 2 de febreiro de 2015

pulgarada





s.f. Medida tradicional de lonxitú que correspondía máis ou menos al largor da falanxe superior del dido gordo da mao y qu'equivalía tamén a un dociavo da medida chamada pe.

Ex.: Inda m'acordo condo midíamos así: por maos, por libras, por onzas, por pulgaradas... Sí, nía, sí, doce maos fían media resma y doce pulgaradas fían un pe.

Taban mui xuntas unha del outra. Nun habería entr'elas máis d'úa pulgarada.


[NOTA: Anque a palabra pulgarada esiste tamén en casteyano y este blog recoye namáis el léxico diferencial, paréceme interesante rexistrar esta palabra porque en casteyano sustituíuse cuase totalmente por "pulgada", mentres qu'en galego-asturiano inda se pode sentir a forma "pulgarada"].

2 comentarios:

  1. ando en Brañadesella (Bual) recoyendo información pra úa pequena publicación sobre abeyeiros tradicionales, un home al qu'entrevistéi (pra nun chamarye "informante") precisóume qu'a medida que dá un puño pechao agá el pulgar, que queda estirao pra riba, é lo que se ye chama un "cote". Al parecer nel apicultura tradicional esta medida marcaba a distancia entre os fustes de riba (os palos cruzaos pol medio del foco del trobo) y el pico del trobo, y os de baxo y el fondo, suposto que cada trobo lleva 4 palíos pra fer estos fustes. Despós, lóxicamente, marcaba a medida del taco da cera que se sacaba del trobo pra esmelgallo: un cote.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme interesantísima esta acepción de 'cote'. Nel vocabulario de Mántaras aparece a palabra con outro significao distinto (como un tipo de nougo, como nos dicionarios galegos).
    Todo el que ten que ver con medidas é mui interesante, peró cada vez queda menos xente que poda esplicar con precisión cómo eran as formas de medición tradicionales. Esta palabra merez unha entrada independente. En conto teña un pouco de vagar, amézola á Salvadeira. Muitas gracias.

    ResponderEliminar