s.m. Corrente que se forma condo hai mar de fondo y el vento asopra en sentido contrario. 2. Banco de pexes que se desplazan nesa corrente. VAR. xabrón.
[Agradezo a Emiliano Álvarez González ("El viejo pescador")esta aportación. Tamén a Tuto Rodríguez Fernández polas súas esplicacióis sobre el significao].
Con esas dúas acepcióis úsase "xabrón" en Candás y Lluanco.
ResponderEliminarPola súa parte, el "Atlas Lingüístico Marinero de Asturias", d'Emilio Barriuso, recoye a palabra, anque nun coincide esactamente el significao.
Hai nel Atlas oito perguntas relacionadas cos correntes del mar, anque ningúa describe esactamente a primeira acepción, col mar de fondo y el vento. Podía corresponderse en xeneral cua pergunta 3.113 ("corrientes encontradas"), que se responde con "xabrón" ("xibrón" en L.luarca) nos máis dos portos asturianos, anque non nos nosos. As respostas da nosa zona son "correntada", "remolín" (As Figueiras), "remolín de corriente" (Tapia), "contraste" (El Porto) y "auguaxe" (El Porto).
Na pergunta 3.111 ("corriente de río en desembocadura") é unde se recoye na nosa zona a palabra: respóndese en Ortigueira con "xabrón". Tamén se responde asina noutros portos asturianos.
A verdá é qu'é un tema complicao este da dinámica marina. Nel Atlas hai respostas iguales pra dalgúas perguntas y outras nin la tein.
En conto a os mansíos de pexes, pra os qu'hai tamén un feixe de perguntas nel Atlas, recóyese "xabrón" en muitos portos, entre elos Tapia y El Porto, pra chamar a os xarabales de bonito.
Nun sei se con estos datos complico máis a cousa ou dou dalgúa pista. Ademáis, el vocabulario marineiro ten muitos fenómenos de contacto y d'empréstamo entre us portos y outros y costa caro saber cónto de veyo é un término nun sito determinao.
Por se daquén s'acorda de Barriuso en Tapia, hai que recordar que fexo as encuestas por Asturias (¡3.621 perguntas en cada porto!) nas tres décadas finales del siglo XX. En Tapia entrevistóu a José Siñeriz Fernández y a Francisco Rodríguez García, que daquela tían sesenta y poucos anos.
Úa última cuestión. Hai un dato interesante na marina del Navia-Eo, qu'é el uso de "pexe", sin diptongar, anque sei que muita xente usa "peixe", nun sei se por ultracorrección ou qué. A mía esperiencia (y os datos de Barriuso confírmanlo) é qu'a palabra nosa é "pexe". É chocante porque a zona unde dicen "peixe" dá un salto de Ribadeo a L.luarca y Ouviñana, y deixa con "pexe" os portos del Navia-Eo y Veiga (Navia).
Mantarego
Eu sempre oín 'pexe' en Tapia sin diptongar. Escribín 'peixe' na definición porque ún dos informantes (ou dous) dixéronmo asina. Peró na mía propia variedá lingüística a palabra é 'pexe'.
ResponderEliminarNel que ten que ver cua primeira definición, nun tou mui segura de que seña esactamente eso. Defininla basándome nas esplicacióis pouco precisas da xente y nun dicionario d'asturiano. Adaptén a definición a lo que m'esplicaban os informantes tapiegos, pero sin ningunha seguridá. Por eso todo lo que me podas aportar pra miyorala, agradézocho ben. A definición é provisional: ¿cómo cres que taría miyor definila?
Nos dicionarios asturianos vexo qu'esisten as dúas variantes 'xabrón'/''xebrón'. El padre d'Emiliano dicía 'xebrón'. En cambio, Tuto díxome qu'él usaba a forma 'xabrón' y qu'é esa era a forma qu'el escuitaba á xente nos anos 60, condo era tripulante del 'Virgen de Estíbaliz'. Peró Tuto faloume namáis del segundo sentido.
Eu nun conocía a palabra. Terás qu'axustala al que che dixeran, peró vexo que ta malo d'amañar en conceptos tan complicaos. A ver se daquén pode dar dalgúa pista.
ResponderEliminarMantarego.
Eu penséi sempre que "peixe" era patrimonial polla nosa contornada, porque deixo escuitao muito el refrán que se yes dice a os primeirizos na pesca a vara "fija" nas arribadas: "Por burro nun deixes; conto más burro, más peixe". Falo de Valdepares (El Franco).
ResponderEliminar