Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 14 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Mui interesante esta palabra, qu'ademáis ta recoyida en galego ("baltrear") na veira máis oriental de Lugo, na Ribeira de Piquín, col significao de 'dar tumbos el carro', dentro del campo semántico que se señala nel uso tapiego. Aníbal Otero, neste vocabulario, recoye tamén "baltre", col significao de 'noiro, lombo nel camín', el qu'esplicaría el verbo: el resultao de tropezar el carro nos baltres sería "baltrear". Así y todo, tamén el proceso puido ser al rovés y nacer el sustantivo a partir del verbo.
ResponderEliminarOcúrreseme úa relación con úa palabra recoyida nel vocabulario de Mántaras, que fala tamén dos secudiyóis del carro, posiblemente un cruce con "batacazo": "baltracazo".
¿Terá tamén relación col adxetivo "baltruteiro" que recoyen Acevedo y Huelves col significao de 'persona malcuriosa, cotrosa y embusteira' y tamén os vocabularios galegos? As relacióis aumentan se reparamos en qu'ese -t- tamén ten resultaos sonoros en galego, con -d- ("baldrugueiro"), col qu'abrimos as posibilidades ás palabras relacionadas con "baldre".
Aníbal Otero tamén recoye outra palabra del galego oriental, "baltra" 'panza, barriga'. Seguimos dentro del mesmo campo semántico dos abultamentos de "baltre".
Outra relación con un verbo del galego oriental: "baltrir" 'pegar, guldrir'. É evidente el parentexo semántico cos secudiyóis.
Todas estas palabras tein que ter relación tamén col verbo asturiano "valtar" ou "valtiar" 'tumbar', 'secudir', pral que García Arias propón como étimo el latín "vol(u)tare" 'voltiar', 'revolcarse' (antias qu'un hipotético *vallitare que propón Pidal).
Gracias por seguir "salvando" palabras. ;-)
Mantarego
Mui interesante el tou comentario. Faime pensar que se cuadra a mía definición é demasiado restrictiva y el verbo podería aplicarse a outros golpes d'outros tipos, como os dos carros nos "baltres" que tu tan ben esplicas. Precisamente por esa razón tuven esta palabra muito tempo "en cuarentena", a ver se podía aclarar máis os sous usos, peró nunca ouguín máis exemplos qu'os referentes al aire, anque el meu sentido lingüístico me dicía que, loxicamente, debería poder usarse en contextos máis variados. Peró nunca atopén referencias vivas.
ResponderEliminarDe feito, xa naide case reconoce a palabra. A proba é que la puxen nel facebook, nel grupo "nel bando da rula" y os comentarios da xente foron que nunca tal ouguiran.
Quixen decir "nel banco da rula". Muitísimas gracias polas túas aportacióis. De repente a palabra adquire pra min muitísimos matices al relacionala con esa familia léxica tan estensa. Un saludo y sigue tando ei al quite. ;) Un saludo.
Eliminar