Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

XUNTO



El espresión  por todo xunto  úsase, unida a verbos como "ter" ou "quedar", pra enfatizar lo pouco qu'hai dunha determinada cousa. É lo mesmo que dicir: 'namáis", 'contándolo todo', 'sin esqueicer nada', como s'aprecia nestos exemplos:

    1.  Ai, Dios, nun tía con qué fer a xanta: Tía dous ovos y un pedazo de pan por todo xunto.
    2. ¡Come a Dios polos pés! De toda a merenda deixóu por todo xunto media conquía de leite.
    3. Levaron todo. Na casa quedóu unha cama veya y un banquín por todo xunto.




3 comentarios:

  1. Nun conocía a espresión. Ta muito ben porque é úa locución que viría a significar 'en total'. Por eso che pergunto se nun terá uso con cualquera verbo. ¿Nun se dirá, por exemplo, "Nun é tan caro. Eso pode supoñerche por todo xunto cuatro perróis"?

    ResponderEliminar
  2. Agora que lo dices, é mui posible. Teño qu'investigar algo máis. Lo que pasa é que todos os exemplos qu'eu sentín son del mesmo estilo, supoño que porque tán limitados al meu ámbito familiar ou de vecíos. Por eso, na definición, describín namáis os contextos nos que me consta el sou uso que, por certo, cáseque sempre tein que ver coa comida.

    ResponderEliminar
  3. Á mía madre el tou exemplo nun ye parece posible. Nun ye súa ben. De momento, é el única posibilidá de comprobación que teño a mao ;) XD. Peró eso nun quer dicir muito. Ela úsalo solo nel sentido qu'eu describín, máis ou menos; non pra significar "en total", senón máis ben "namáis lo que se espresa", con certo matiz de sorpresa, poñendo énfasis en lo pouco que é. Nun sei se m'esplico.

    ResponderEliminar