Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 19 de outubro de 2025

ALBERXAR(se)

 


v. pron. 1. Aloxarse, hospedarse, pasar a noite a cuberto esperando el ameicer. 2. Abeirarse, resguardarse das inclemencias del tempo.

Exs.: 

       Xa ta mui escuro pra seguir. Vai ser miyor que busquemos únde alberxarnos pra pasar a noite.

       Corre, ven alberxarte, que ta chovendo a doiro!

        



Anque a someñanza col casteyano "albergar" poda levarnos a pensar que tein a mesma orixe y qu'a primeira acepción sería a de "abeirarse, guardarse" y d'ei se derivaría el outra ('aloxarse', 'hospedarse'), resulta qu'a coincidencia fonética é casual. Mentres que albergue, albergar vein dunha raíz xermánica bargain ('conservar', 'guardar', 'protexer') el noso alberxar ten que ver col latín ALBOR, ALBORIS (a claridá, a luz, el ameicer) derivado de ALBUS ('blanco'), de xeito que se formóu un verbo alborexar (*alboriciare) qu'alternóu con alberexar y, finalmente, sincopóu en alberxar:

         ALBOREXAR  > ALBEREXAR > ALBERXAR

qu'en principio significaría 'ameicer' y despós esperimentaría cambios semánticos progresivos: "esperar pol ameicer", "guardarse hasta el ameicer" y d'ei el significao que ten na nosa lingua: 'aloxarse, hospedarse, poñerse a cuberto hasta el ameicer'. A segunda acepción derívase desta por xeneralización: 'guardarse, protexerse del vento, frío, augua...'

Ningún comentario:

Publicar un comentario