El sustantivo cantarín designa unha cántiga popular ou tradicional. Pra construír unha oración en galego-asturiano coa palabra cantarín utilizamos el verbo botar.
Os lingüistas chaman colocacióis ás combinacióis frecuentes de palabras, as unióis de dúas palabras que s'usan habitualmente pra construir un enunciado con un sustantivo específico de forma que súe natural aos ouguidos dun falante nativo. As colocacióis máis usadas son as que se compóin de sustantivo + adxetivo ou as de verbo + sustantivo, como é el caso del verbo botar col nome cantarín. Conocer as colocacióis é importante pra dominar unha lingua. Por exemplo, pra espresar el feito de que daqué provoca medo, el casteyano usa na fala coloquial el verbo dar:
Me da miedo.
mentres qu'el galego suroccidental utiliza el verbo poñer:
Ponme medo.
El galego-asturiano, en cambio, quere miyor el verbo meter pra este tipo de construccióis:
Mete medo
Ex: Mete medo cómo ta el mar hoi!
Meter medo é unha colocación de noso. Outras colocacióis témoslas nas combinacióis "fer ruido", "fer unha pergunta" peró "dar unha contestación". Podemos ver outro caso nel sustantivo "misa". El cura nun *fai misa, nin *dá misa, senón que diz misa. Del mesmo xeito os cantaríos, nin se fain, nin se cantan, nin s'entonan, bótanse.
Ex.: Cala y escuita, qu'el bolo vai botar un cantarín mui guapo.
Peró hai que ter en conta que nun é lo mesmo usar el artículo indeterminado un qu'el determinado el, pos neste caso el significado varía. A espresión adquire connotacióis diferentes:
botar el cantarín
é poñerse a cantar alguén que ta calamucano. Condo el viño empeza a fer efecto é mui habitual arrancarse con unhas copras ou cántigas, querse dicir, botar el cantarín.
Ai, Virgen! Xa ta Pepe botando el cantarín...
Significa que chegóu al estado d'embriaguez unde se perde a vergonza y s'empezan a dicir y fer cousas estrafalarias.