Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 21 de maio de 2023

ESCOLAPIDO/ESCOLAPADO

   Al fritir un ovo, pode quedar esparramado, cua xema baxa y abondo feita, y a clara ocupando búa parte da tixela. Neste caso dicimos qu'el ovo ta escolapado (ou escolapao):




Se, por el contrario, queda atotadín, pequeno, cua clara ben arredondiada alredor da xema, que, pola súa parte, ta ben alta y líquida, dicimos que quedóu escolapido:




Pode depender da frescura del ovo: condo tán pouco frescos, é frecuente que queden escolapados; peró tamén é un arte el fritirlos a gusto del consumidor, pra que queden escolapidos ou escolapados conforme ás nosas preferencias.

Exs.: Á neno, ¿cómo vas querer el ovo?, ¿escolapido ou escolapado?  

         Lo que máis me presta pola noite é un ovín escolapido, con patacas y chourizo.

      

É claro abondo qu'a palabra real é "escolapado" y qu'escolapido nun é máis qu'un uso humorístico creado por deformación del outra. "Escolapado" (ou "escolapao") é unha derivación del verbo "escolar(se)", que, entre outros significados, ten el de 'perder (ou escurrirse) [un líquido]', como de feito ocurre col ovo  condo a clara y a xema s'esparraman pola tixela. Na nosa fala é relativamente frecuente reforzar un verbo col -interfixo -ap- pra darye un matiz despectivo: pasa en "escolapao" lo mesmo qu'en esculapao (frente a 'esculao' -'sin cul'-), en escozapao ('demasiado cocido [un alimento') ou en esconapao ('estragado hasta quedar inservible').

(Muitas gracias unha vez máis a Ovidio López, unha das poucas personas que siguen usando estas palabras y las guarda pra min como un tesouro, como lo que son, vaya).

Ningún comentario:

Publicar un comentario