El adxetivo 'anadizo' ta recoyido nel Vocabulario de Mántaras de Xosé Miguel Suárez con estas definicióis:
1. Estropiao, toyido [un alimento, úa comida]. El caldo, desque pasa un día, ponse anadizo. El que ta anadizo, xa nun vale. Cheira a anadizo. 2. Con olor a humedanza, magorento.
Na Pequena contribución al léxico del galego-asturiano (Lletres Asturianes, nº 84, 2003) tamén eu recoyín esa palabra, peró interpretándola como un sustantivo col significado de 'mofo, magor, humedanza' y escribíndola sin el a- inicial, porque os meus informantes sempre la usaban nel mesmo contesto, "cheira anadizo", que fía pensar qu'el fonema [a] correspondía á preposición. Por eso eu escribín: "Cheira a nadizo". A entrada "nadizo" como sustantivo equivalente a "mofo" aparece tamén nel Dicionario do Galego de Asturias (DGA), de Carlos Xesús Varela Aenlle (Universidá de Vigo), que lo tomóu, sin duda, directamente del meu vocabulario.
Peró debo dicir qu'hoi tou na fe de qu'a interpretación y escritura axeitadas son as de Suárez (1996), pos a palabra ten namáis uso adxetival, y qu'a mía lectura foi un equivoco por fonética sintáctica. Como proba tán os exemplos de Suárez en contestos diferentes sin preposición: "Ponse anadizo". Peró a proba máis evidente pra min son os datos etimolóxicos: El noso "anadizo" vén del latín "agnatitius", un adxetivo formado sobre el participio "agnatus", del verbo agnascor ou adgnascor, que significa 'nacer' (sobre todo, nacer despós de lo normal, como os fiyos que nacen despós de qu'el padre fixera xa el testamento) y qu'en Plinio aparece utilizado pra referirse a lo que nace encima doutra cousa, como un árbol ou vexetal, querse dicir, lo que se cría, como precisamente el mofo.
En realidá, as dúas acepcióis de Suárez son prácticamente lo mesmo: lo que ta toyido é porque crióu algún microorganismo que lo estragóu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario