Na "Pequena contribución léxica al galego-asturiano", que publiquén nel ano 2003 nel boletín del ALLA Lletres asturianes nº 84, aparece por equivoco (meu, seguramente) a forma *sunoconicio, condo lo correcto é á forma sumoconicio, con "m".
Procede del espresión latina summo cognitio, utilizada nel linguaxe xurídico y que quer dicir 'con conocemento pleno'. Na fala coloquial aplícase a unha persona que pensa que todo lo sabe y sempre cre ter máis autoridá qu'os demáis pra falar y pra mandar nas cousas de toda a xente. É unha persona goberneira y con aires de superioridá. Asoméñase abondo al uso irónico que se fai en casteyano del espresión "hablar ex cathedra". Tamén s'asomeña a "ser de ordeno y mando".
Ex.: É un sumoconicio. Sempre vai querer dicir el última palabra, y nun ye leves a contraria... /
Sempre temos que fer as cousas como quer tou tío, qu'é un sumoconicio y hasta quer gobernar na festa del fiyo.
Son frecuentes na nosa fala as espresióis derivadas de frases latinas del ámbito xurídico: por acio (actio), albentestate (ab intestato)... É mui chocante cómo saltan dun ámbito d'uso tan específico pra integrarse na nosa lingua adquirindo matices significativos novos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario