Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 25 de xuño de 2013

NUBREIRO


Cua palabra nubreiro, que designa a un ser mitolóxico asociado á tormenta, escuitamos a espresión:

              cara de nubreiro

que significar 'cara enfurruñada, cara de tar mui enfadao'.

Ex.: Con esa cara de nubreiro que me pois sempre que che mando fer algo, quenquera che pide que me vayas á botica.







[Rafael Cascudo ten tamén recoyida a espresión "máis feo qu'un nubreiro", según nos informa Iván Iglesia Fdez. 'Cazarón'].

2 comentarios:

  1. Tamén, al parecer, R. Cascudo Noceda, ten recoyida el espresión: "más feo qu'un nubreiro".

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muitas gracias. É unha espresión mui asomeñada á que recoyín eu.
      Como escribín na presentación d'a Salvadeira, consulto os vocabularios de Suárez, Fdez. Vior, Díaz & Galano y el meu palabreiro del 2003, antias d'amecer palabras á Salvadeira. Tamén avezo mirar en Acevedo Huelves a ver si ya las recoyera él na súa época. É posible que muitas das que poño xa las teña publicadas alguén máis, porque xa é muita a xente que se foi dedicando nos últimos anos al léxico galego-asturiano.
      Agradezo todo lo que me podades aportar sobre as palabras que vou publicando ou sobre outras novas. Vou amecer a túa aportación á entrada.

      Eliminar