Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 20 de decembro de 2020

EMPERICOLA(D)O, -A


 adx. 1. Qu'é máis alto de lo normal y acabao en pico ou punta. Ex.: Vaime a Laura comprar unha bobina de filo branco, qu'este carrete empericolao que coyín nos chinos nun me val pr'á máquina. // Á Ovidio, nun me poñas ese repolo; miyor quero ún destos empericolados. // ¿Pos d'únde sacache ese árbol de Navidá tan empericolao?




2. Mui pinoso [un tarrén, unha costa, unhas escaleiras...]. Ex.: Fun verye a casa, peró quedén nel piso de baxo. ¡Eu nun subo por aquelas escaleiras todas empericoladas! // ¿Fuche de vacacióis a San Francisco? ¿Y tuviche naquela caye empiricolada que sal nas películas?











¡FELICES PASCUAS!











Ningún comentario:

Publicar un comentario