Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 1 de marzo de 2015

XABÓN





El espresión 'aire de xabón' utilízase pra indicar unha lavadura lixeira da roupa que nun ta mui cotrosa y que se fai sobre todo pra dar bon olor a os paxelos que levan guardaos muito tempo.


Exs.:  Nun fai falta lavala muito, abonda con que ye días un aire de xabón. // Ten namáis algo de polvo, peró con un aire de xabón vai quedar lamar de ben.


martes, 3 de febreiro de 2015

XEBRÓN

                 




s.m. Corrente que se forma condo hai mar de fondo y el vento asopra en sentido contrario. 2. Banco de pexes que se desplazan nesa corrente. VAR. xabrón.


[Agradezo a Emiliano Álvarez González ("El viejo pescador")esta aportación. Tamén a Tuto Rodríguez Fernández polas súas esplicacióis sobre el significao].







luns, 2 de febreiro de 2015

pulgarada





s.f. Medida tradicional de lonxitú que correspondía máis ou menos al largor da falanxe superior del dido gordo da mao y qu'equivalía tamén a un dociavo da medida chamada pe.

Ex.: Inda m'acordo condo midíamos así: por maos, por libras, por onzas, por pulgaradas... Sí, nía, sí, doce maos fían media resma y doce pulgaradas fían un pe.

Taban mui xuntas unha del outra. Nun habería entr'elas máis d'úa pulgarada.


[NOTA: Anque a palabra pulgarada esiste tamén en casteyano y este blog recoye namáis el léxico diferencial, paréceme interesante rexistrar esta palabra porque en casteyano sustituíuse cuase totalmente por "pulgada", mentres qu'en galego-asturiano inda se pode sentir a forma "pulgarada"].

MEXAR







El verbo mexar aparece nel espresión:

                  Todos mexan á parede

que nun creo que necesite ningunha esplicación. É a versión enxebre del "todos os homes son iguales".


[NOTA: Que conste que nun suscribo a frase, senón que me limito a recoyer el noso acervo lingüístico... ;)]





                               

xoves, 8 de xaneiro de 2015

PAYEIRO







El sustantivo payeiro (montón de paya de forma alargada) utilízase nel ditame


"El que sirve a señores morre detrás d'un payeiro"

que nun necesita muita esplicación: úsase pra espresar lo agarraos que ás veces poden ser os que máis tein.

HOMADA






s.f. Acción que pretende ser propia d'un home (pola forza ou valentía que s'amostra), peró qu'acaba resultando ridícula porque se trata d'unha situación mui favorable prá persona que la fai ou que supón pouco peligro.

Ex.:   ¡Vaya homada fixo féndoye frente al pequeno del grupo! // Vai chufando qu'axudóu a todos a salir da casa condo queimaba y resulta que xa taban alí muitísimos vecíos y él nun fexo cáseque nada. ¡Outra das súas homadas!









mércores, 3 de decembro de 2014

TIRIFILO






s.m.  Persona mui dalgada.

Ex.: ¡Que vai ser bon mozo, muyer, si é un tirifilo!


[Úsase tanto pra homes como pra muyeres y nun ten variación de xénero. Ex.: A fiya pequena é un tirifilo.

   Parece ser qu'el orixe d'esta palabra ta al outro lao del Atlántico, d'unde veu, supostamente, por algún indiano que volvéu ou polos marineiros. Tirifilo era el alcuño de Cipriano Moreno, un delincuente del lumpen limeño que lougo pasóu ás cancióis y á literatura. Ciro Alegría, por exemplo, recoye nel sou libro Duelo de caballeros a amarrega entre Emilio Willan (alias Carita)y Tirifilo, que terminóu cua morte deste. El episodio pasóu pronto a os valses criollos y ás marineras, y el alcuño se popularizóu. 

  El qu'é chocante é qu'a palabra s'usara namáis en Hispanoamérica y na nosa zona (nun topén referencias na península) y que, alomenos por etimoloxía popular, na nosa fala parece clara a relación entre a forma da palabra y el significao que se ye dá hoy. El tal Tirifilo era alto, pero non dalgao. Os defensores da orixe limeña dicen que quizáis a coincidencia das tres vocales zarradas "i" tuvera algo que ver nel significao de home dalgao y frouxo que se lle dá agora. ¿El alcuño nun sería porque era un home alto? Por outra parte, a pelea entre Carita y Tirifilo tuvo lugar en 1915 y prontó pasóu ás cancióis, como o vals "Sangre criolla", que tuvo muito éxito. ¿Usábase en Tapia a palabra antias d'esa época? É difícil sabelo. ¿Prendéu na nosa zona pola asomeñanza cua palabra 'filo'?
  En lunfardo tirifilo é sinónimo de petimetre, unha persona afectadamente elegante, y aparece en tangos dos anos 40.]


FOGAZA




     El sustantivo fogaza forma parte del ditame

                            "De cada fogaza abonda unha tayada",

que s'usa pr'aconseyar nun repetir algo de lo que xa se ten esperiencia y que nun salíu tan ben como s'esperaba.  Anque pode referirse a outro tipo de situacióis, úsase muito pra falar de casorios ou relacióis amorosas: el ditame aconseya nun cortexar a un mozo ou moza d'unha familia cua que xa s'emparentóu antias.

Ex.:  Este rapaz é primo del home da irmá grande. A ela gústaye muito, pero a madre nun ye deixa salir con él porque diz que de cada fogaza abonda úa tayada.

luns, 10 de novembro de 2014

BOI







A palabra boi aparece nel ditame:

                  ¿Únde irás, boi, que nun ares?


El qu'utiliza este ditame fala de sí mesmo y quer dicir que nun fai máis que trabayar; anque cambíe de sito y de circunstancias, el  que fala considera que sempre ye toca cargar con todo el trabayo y os sufrimentos.


[É un ditame mui utilizado dende hai siglos en todas as linguas peninsulares. Tamén s'usa en América y nas comunidades sefardís. Ta documentao xa nos siglos XV y XVI en obras como La Celestina ou os poemas del Marqués de Santillana. Ten distintas variantes, anque esta é el única que ougüín en galego-asturiano. Algunhos paremiólogos consideran qu'é unha pergunta retórica que leva implícita a contestación: "Al matadero" ou "Á obriga", lo que reforza el sentido de qu'esta vida é toda penuria y qu'é miyor nun queixarse muito porque el alternativa pode ser inda pior.]


venres, 7 de novembro de 2014

MISA




El sustantivo misa aparece nel espresión:

            ¿Quén paga estas misas d'a cuarenta?

que s'utiliza condo un gasto supera as posibilidades económicas de quen lo fai . Tamén s'usa pra espresar dudas sobre el xeito en que se ha pagar unha cousa, sobre todo condo se trata de dieiro público. En todos os casos, é un ditame qu'espresa estrañeza condo alguén gasta sen xeito y sin mirar polos cuartos.

Ex.: - Os "fuegos" del Carmen d'este ano foron os miyores.
       - Si, pero, ¿quén paga estas misas d'a cuarenta?

        -A boda tuvo lamar de guapa, pero agora ¿quén vai pagar estas misas d'a cuarenta?